Amplíanse os datas de entrega e convocatoria do prácticum e TFG

Prácticum: amplíanse os prazos de entrega.

  • Primeira entrega, prevista para o 4 de maio: amplíase ata o 25 de maio.
  • Segunda entrega, prevista para o 18 de xuño: amplíase ata o 29 de xuño.

Aínda se está a esperar a resposta de instancias superiores sobre o Prácticum de Educación Infantil e Primaria. Probablemente durante a presente semana poidamos informar de novidades.

 

TFG: crease unha nova convocatoria para a defensa a comezos de setembro de 2020 (entrega 3 e 4 de setembro, defensa 14 e 15 de setembro).

Esta convocatoria non substitúe a ningunha das existentes, senón que se suma a elas. Nótese que é unha convocatoria do presente curso 2019/20, polo que non será preciso volver a matricularse para optar a ela, e quen supere nela o TFG rematará a titulación neste curso.

Estas modificacións na planificación son excepcionais e derivadas das circunstancias derivadas da emerxencia sanitaria. Terán que ser ratificadas en Xunta de Facultade, se houbera algún cambio se notificaría.