O curso 2020/2021 comezará o 21 de setembro en modalidade de docencia mixta

As clases do curso 2020/2021 comezarán o 21 de setembro en modalidade de docencia mixta:

  • As clases que teñen un carácter expositivo desenvolveranse a través do Campus Remoto e impartiranse con este sistema de forma síncrona (no horario de clase): grupos A, B e C. Empregarase a aula virtual que corresponda ao espazo físico no que tería lugar a clase.
  • Os grupos B e C que necesiten para o desenvolvemento docente dun laboratorio, espazo deportivo ou aula de música serán presenciais ou presenciais con rotación dependendo da capacidade da dependencia. Neste caso, o profesorado de cada materia establecerá as quendas correspondentes.
  • Os exames e defensas de TFG serán presenciais.

No caso da docencia e exames presenciais, no caso de superarse os aforos dos espazos, que están limitados por causa da Covid-19, o estudantado asistirá de xeito rotatorio. Estableceranse quendas dentro dos horarios xa aprobados.

A matrícula remata o 15 de setembro. O día 16 publicarase a a composición dos grupos, e o profesorado deberá comunicar con data límite o 18 de setembro ao seu estudantado as quendas que estableza.

Non se poderán solicitar cambios de grupos que se impartan de xeito presencial, excepto permutas.

A semana do 14 ao 18 de setembro haberá presentacións das materias de 2º, 3º e 4º no horario das clases A. Serán no Campus Remoto, na aula asignada para a materia.

Recoméndase ao profesorado que realice as súas titorías a través do Campus Remoto.

No caso de mellorar ou empeorar a situación sanitaria cambiaríase de modalidade, pasando a docencia totalmente presencial ou virtual.