O vindeiro curso comezará co formato de docencia mixta

– As clases A, B e C de aulas comúns impartiranse a través do Campus Remoto.

– Os grupos B e C de laboratorios, espazos deportivos e aula de música impartiranse de xeito presencial.

– Os exames serán presenciais.

No caso da docencia e exames presenciais, no caso de superarse os aforos dos espazos, que están limitados por causa da Covid-19, o estudantado asistirá de xeito rotatorio. Estableceranse quendas dentro dos horarios xa aprobados.

No caso de mellorar ou empeorar a situación sanitaria cambiaríase de modalidade, pasando a docencia totalmente presencial ou virtual.

No seguinte documento amplíase a información sobre as motivacións desta organización: Proposta de organziaación da docencia curso 2020/2021

Consulta o apartado horarios.