Retorno á presencialidade total»

Á vista da Resolución Reitoral de 25 de outubro para a adaptación da Orde do 22 de outubro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (DOG do 22 de outubro), infórmase de que os aforos das aulas e outros espazos docentes nos que todos os asistentes poidan permanecer sentados quedan fixados no 100% da súa capacidade.

Xa que logo, procederase a retomar a actividade docente completamente presencial. Suspenderanse todas as subdivisións dos grupos e a retransmisión de clases por Campus Remoto.

O profesorado comunicará ao estudantado das súas materias a organización nestas novas circunstancias. No caso de non comunicar nada a este respecto, entenderase que a presencialidade total comeza o 2 de novembro.