Facultade de Fisioterapia

Apoio ao estudantado

A Universidade de Vigo conta cós seguintes sistemas de apoio e orientación ao estudantado unha vez matriculado:


Ademáis dos servizos universitarios antes mencionados, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte dispón dos seguintes mecanismos de apoio e orientación ao estudantado matriculado:

Ao comezo de cada curso organizanse xornadas de orientación e divulgación dirixidas ao novo estudantado onde se lle ofrece información básica para o desenvolvemento da súa vida na universidade: estrutura organizativa da Facultade e da universidade, sentido e estrutura dos estudos, funcionamento dos distintos servizos e infraestruturas (biblioteca, talleres, aulas, material e ferramentas á súa disposición,…). Nestas xornadas ofréceselle información xeral de carácter académico que o orient sobre o desenvolvemento dos seus estudos con vistas ao mellor aproveitamento das actividades formativas programadas. A Biblioteca organiza charlas e cursos específicos sobre o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidade, sistemas de busca en arquivos, sistemas de peticións de títulos, etc.

Durante o curso programanse actividades paralelas de apoio, que complementan a actividade habitual de ensinanza-aprendizaxe, co obxectivo de subsanar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso. Estas actividades poden ser obradoiros sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, obradoiros de lectura, etc.

Coa fin de promover e facilitar a mobilidade do estudantado organizanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais ou pola propia facultade. Así mesmo existen as figuras de Coordinador de Programa Erasmus e de Programa Sicue que, entre as súas funcións, teñen a de asesorar e orientar ao estudantado nos seus programas respectivos, tanto ao propio como ao alleo. En momentos puntuais do desenvolvemento normal dos estudos nos que se considera que o estudantado necesita especial orientación, (no momento de elixir materias optativas por exemplo), programanse reunións sobre estes aspectos concretos.

Existe unha Delegación do alumnado que, aparte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxestións e reclamacións, serve de enlace entre o estudantado de maneira individual ou colectiva e o equipo directivo da titulación. A facultade pon á súa disposición os medios necesarios e unha partida orzamentaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do propio estudantado.