Facultade de Fisioterapia

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) é un compromiso adquirido e pactado na memoria de verificación de cada un dos títulos para a mellora na orientación ao alumnado de novo ingreso.

Por titoría debemos entender aquel conxunto de actividades académicas e formativas que, simultaneamente e en paralelo á docencia, leva a cabo o profesor cun alumno ou grupo de alumnos, complementando a actividade docente impartida na aula. Poden referirse ao campo científico, académico, profesional ou persoal. Nos últimos anos, as universidades españolas están desenvolvendo actuacións encamiñadas a potenciar a adaptación do alumnado que ingresa por primeira vez no ámbito universitario.

INFORMACIÓN SOBRE O PAT

Francisco Xavier Álvarez Lires

Coordinador do Plan De Acción Titorial

+34 986 801 792


NORMATIVA DO PAT 2016-2017

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas dos/as alumnado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación superior.

O PAT apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do alumnado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.


Plan de Acción Titorial 2016-2017


Ficha de Seguimento das Titorías Grupais e Individuais

Ficha de Seguimento


Enquisas de Avaliación da Satisfacción

Enquisa para alumnado de novo ingreso para o PAT
Enquisa de Satisfacción do PAT



Cursos Anteriores