Facultade de Fisioterapia

Queixas, suxerencias e parabéns

O procedemento do SGIC MC-02 P1 define a metodoloxía que permite realizar, dun modo estruturado, a xestión (presentación, recollida, rexistro, transmisión ás persoas implicadas, análise, resposta e resolución) das queixas, suxestións e parabens dos usuarios/as ou grupos de interese da Universidade de Vigo, así como o seu seguimento e revisión periódicos.

Informe de QSP.

Durante o curso académico 2015-2016, as queixas recibidas no aplicativo proceden do sector alumnado e están relacionadas coa docencia. En todos os casos deuse traslado ao profesorado implicado e a partir da derivación ao correspondente servizo tratouse de dar as respostas máis satisfactorias posibles. Atenderonse todas as incidencias recibidas.