Facultade de Fisioterapia

Política e Obxectivos de Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE | OBXECTIVOS DE CALIDADE

Política de Calidade


A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para acadar a satisfacción das expectativas formativas dos seu alumnado egresado e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para isto existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidas. Deste xeito establecense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, as necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos, con especial relevancia a aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación contínua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e dos procesos vencellados a estes.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como de todos os procesos vencellados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero para eliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora contínua como norma de conducta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

Obxectivos de Calidade


Procesos Obxectivos Indicadores Meta
AC
PC04
DO
DO-0202
1Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Difundir a oferta formativa.
Adecuación > 70%
Nota media de acceso do estudantado ás titulacións > 10,60
DO
DO-0201
Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación. Grao de satisfacción do profesorado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza 4,17/5 e 3,5/5
Grao de satisfacción do alumnado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza 3,6/5 e 4/5
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudos 2
Taxa de rendemento > 90%
Taxa de abandono < 4,5%
Taxa de eficiencia > 90%
Taxa de gradación > 85%
Taxa de éxito > 93%
Tempo medio para atopar emprego 3


1 Con relación aos obxectivos institucionais "Adaptar la oferta formativa a la demanda" e "Captar un volumen de estudiantes ajustado a la oferta de plazas", consideramos que carece de sentido nesta titulación xa que soamente se ofertan 50 prazas ao dispor de “númerus clausus” e a demanda situase en torno a 13 solicitudes por praza. Ademáis, os indicadores "Ocupación de la titulación" e "Preferencia" non supoñen unha meta xa que superan o 110% e o 300% respectivamente.

2 Consideramos este obxectivo pertinente, pero a información facilitada dende Servizos Centrais sobre o tempo medio dos estudos mostran uns datos que consideramos contaminados polo alumnado que se adaptou ao Grao xa que se establecen uns tempos medios inferiores a catro anos, o que non nos permite establecer unha meta.

3 Neste obxectivo a meta é manter os datos posto que a situación económica actual podería provocar unha máis baixa contratación de graduados xa que os datos dos que dispoñemos para a análise desta meta son dos graduados ata o curso 2009/2010.

Existen determinados obxectivos ("Resultados de investigación de carácter académico", "% de PAS en programas de formación", "Grado de satisfacción de las personas tituladas", "Grado de satisfacción de las entidades empleadoras", "Grado de satisfacción de las personas tituladas con la planificación y desarrollo de la enseñanza"), que non se abordaron por non dispor de ningún dato respecto a eles, non puidendo realizar un seguimento histórico que permita a mellora continua. Unha vez que as unidades competentes nos faciliten os datos para ser analizados e valorados, incluiranse como obxectivos do centro para completar o sistema e o ciclo de mellora continua (PDCA).