O prácticum é unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlle aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica

 

Obxectivos

Coa realización das prácticas académicas externas preténdense alcanzar os seguintes fins:

  • Contribuír para a formación integral do estudantado complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
  • Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o futuro profesorado haberá de operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
  • Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
  • Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
  • Favorecer a innovación e creatividade e o emprendemento.

Requirimentos

Para poder matricularse no Practicum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.

Organización

Os centros responsables disporán dos Convenios de Colaboración Educativa necesarios para a realización do Prácticum. O centro garantirá que todo o estudantado matriculado no Prácticum dispoña de centro para a súa realización. Na medida do posible, cada estudante en prácticas poderá escoller o centro onde realizar o Practicum entre os centros que dispoñan de acordo de colaboración puntual ou convenio de prácticas.


 

Practicum 2020/2021

Xestión en liña do Practicum
A entrega de documentación e Memoria de Prácticas realizarase a través da plataforma FaiTIC

 

Documentos xenéricos

 

Calendario EI-EP

calendario Practicum

Calendario CCAFD

calendario Practicum

Documentos dos/as titores/as externos/as

Graos en Educación Infantil e Primaria
Certificación titor centro de prácticas
Para todos os graos
D5 Informe titor empresa de practicas
Documento informe Mencion

Documentos dos/as titores/as na facultade

Certificado de titorización do Practicum
Grao en CCAFD
Grao en Educación Infantil
Grao en Educación Primaria
Para todos os graos
D7 Informe titor académico de prácticas

 

Coordinación do prácticum

José María Pazos Couto
+34 986 801 785
vic.ed.edu@uvigo.es