Silva Alonso

Profesor/a asociado/a

Área de Educación Física e Deportiva
Departamento de Didácticas Especiais

Información de contacto

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Despacho 203
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 798
telmosilva@uvigo.es

Breve CV

Telmo Silva Alonso (Vigo, 1964) é Licenciado en Educación Física pola Universidade Politécnica de Madrid (Madrid, 1987) e Doutor en Ciencias do Deporte pola Universidade de Vigo (Vigo, 2016). Na súa tese de doutoramento investigou sobre os efectos da idade no rendemento nunha proba máxima de 2000 metros en ergómetro de remo e aplicou os GAMLSS para a construción dos percentiles de rendemento en dita proba entre os 14 e 70 anos de idade e para diferentes grupos segundo sexo e peso. Desde o ano 2000 presentou comunicacións e conferencias sobre rendemento en baloncesto de alto nivel, preparación física e GAMLSS para percentiles de rendemento en varias universidades españolas. Foi preparador físico da selección española de baloncesto feminina durante o ciclo olímpico 2000-2004 e membro do equipo técnico desta selección durante os Xogos Olímpicos de Atenas en 2004.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

P02G050V01303 | Fundamentos dos deportes colectivos I (coordinador/a)
P02G050V01401 | Fisioloxía: Fisioloxía do exercicio II (coordinador/a)

2º cuadrimestre

Investigación

Liñas de investigación

  • Rendemento deportivo
  • Actividade física e saúde