O estudantado da Universidade de Vigo poderá participar nas diversas convocatorias de mobilidade que a Oficina de Relacións Internacionais publica ao longo do curso. As convocatorias publícanse a partir do mes de outubro para participar na mobilidade no curso seguinte. Accédese a elas a través da Secretaría virtual da Uvigo.

O programa no que hai un número maior de participantes é o programa Erasmus+, pero a Universidade de Vigo ofrece outros programas que permiten ao seu estudantado gozar de bolsas en moitos países do resto de continentes.

Coordinadora de relacións internacionais

Mercedes Varela Losada

+34 986 801 792
fcced.internacional@uvigo.es