O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.
A existencia do PAT supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.
O PAT apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do alumnado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.
Plan de Acción Titorial do centro
Documentos do PAT
- Ficha de Seguimento das Titorías Grupais e Individuais
- Enquisa para alumnado de novo ingreso para o PAT
- Enquisa de Satisfacción do PAT