Facultade de Fisioterapia

Curso de adaptación ao grao

Tanto os estudos de Grao en Educación Infantil como de Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo son produto da transformación do anterior Título de Mestre nas súas diferentes especialidades (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical).

O RD 1393/2007 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación poidan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que procedan, segundo o currículo seguido polo estudantado, de acordo co que establece o artigo 13 do RD 1393/2007 (modificado polo R.D. 861/2010 de 2 de xullo), que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.

O título de grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o estudantado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes.

Calendario de admisión 2019/2020


Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 21 de xuño
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas: 26 de xuño
Reclamacións: do 27 ao 28 de xuño
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas: 4 de xullo
Listaxe provisoria de persoas admitidas: 5 de xullo
Reclamacións: do 8 ao 9 de xullo
Listaxe definitiva de persoas admitidas: 12 de xullo

Consulta todos os prazos na convocatoria de matrícula 2019/2020 da UVigo


Matrícula


Período ordinario de matrícula: do 20 ao 30 de agosto

No caso de que nun curso ponte non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.


Documentación


Solicitude de admisión no curso ponte


Quen acadara o título noutra universidade presentará:

  • Título oficial ou certificación do pagamento dos prezos públicos de expedición do título que da acceso, para o seu cotexo
  • Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente