Tanto os estudos de Grao en Educación Infantil como de Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo son produto da transformación do anterior título de Mestre nas súas diferentes especialidades (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical).

O RD 1393/2007 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación podan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que procedan, segundo o currículo seguido polos estudantes, de acordo co que establece o artigo 13 do RD 1393/2007 (modificado polo RD 861/2010 de 2 de xullo), que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.

Memorias dos cursos de adaptación aos graos

 

O título de grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o estudantado deberá cursar un total de 24 créditos ECTS optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes.

 

Calendario de admisión 2020/2021

Proceso Data
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 12 de xuño
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas: Ver listado 17 de xuño
Reclamacións: do 18 ao 22 de xuño
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas: Ver listado 26 de xuño
Listaxe provisoria de persoas admitidas: Ver listado 30 de xuño
Reclamacións: do 1 ao 2 de xullo
Listaxe definitiva de persoas admitidas:
Ver listado
6 de xullo

Consulta todos os prazos na convocatoria de matrícula 2020/2021 da UVigo

 

Matrícula

Período ordinario de matrícula: do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020

No caso de que nun curso ponte non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.

Documentación

Solicitude de admisión no curso ponte

Ademais da documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso, quen acadara o título noutra universidade presentará:

  • Título oficial ou certificación do pagamento dos prezos públicos de expedición do título que da acceso, para o seu cotexo
  • Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente