Facultade de Fisioterapia

Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

COORDINACIÓN DO TÍTULO

Carlos Lago Peñas

Coordinador na Uvigo

986 801 735

INFORMACIÓN DE INTERESE

Calendario de matrícula - Curso 2016-2017

Díptico informativo

Memoria da titulación

Visita a web do Programa de Doutoramento


Descrición


A actividade física, nas súas dimensións deportiva, educativa e de saúde ten acadado unha presenza destacada na sociedade do século XXI. Ao aumento e mellora do equipamento e das instalacións deportivas nos derradeiros anos, unironse maiores orzamentos públicos e privados para a xestión deportiva, incrementándose as cifras de emprego no sector, tanto no exercicio de labores docentes, no deenvolvemento do rendemento deportivo, como na xestión deportiva.

As razóns que xustifican a investigación neste ámbito son:

  • O crecente grao de sedentarismo que está contribuíndo a un aumento da prevalencia de patoloxías crónicas e a unha diminución da calidade de vida na poboación, constituíndo a actividade física unha das principais medidas para paliar ditos efectos adversos.
  • A necesidade constante de actualizar o uso da actividade física e deportiva como ferramenta educativa e de lecer saudable.
  • A extensión e importancia social do deporte de competición fan necesario un maior coñecemento dos seus antecedentes, dos seus aspectos socio-económicos e das súas repercusións sobre o organismo.

Por iso, este programa de doutoramento plantexa como finalidade a formación e especialización nas técnicas de investigación relacionadas co Deporte, a Educación Física e o Exercicio Físico Saudable. Este Programa de Doutoramento realizase de forma conxunta pola Universidade de A Coruña- Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e a Universidade de Vigo – Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.


Oferta de prazas: xx plazas


Matrícula 2016-2017: Listados de admitidos