Facultade de Fisioterapia

Probas de Conxunto

Homologación de títulos universitarios estranxeiros


A homologación é o recoñecemento da validez oficial en España dos títulos obtidos conforme a sistemas educativos estraxeiros, polos títulos equivalentes nacionais.

Guía sobre los procedimientos de homologación y equivalencia regulados por el real decreto 967/2014 (MECD)


Como solicitar homologación?

A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

A resolución favorable de homologación polo MECD, condicionada á previa superación de requisitos formativos complementarios, faculta para formalizar matrícula na Universidade de Vigo sempre que entre a súa oferta formativa se encontre esa titulación ou unha equivalente na nova estrutura de graos.

Os requisitos formativos complementarios poderán consistir na superación dunha proba de aptitude, na realización dun período de prácticas, na realización dun proxecto ou traballo ou na superación de cursos tutelados. Cando o MECD estableza máis dunha opción, será a persoa a que opte libremente cumprimentando o modelo de solicitude que corresponda.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula polo menos 15 días antes da realización das probas, do inicio do período de prácticas ou da presentación do proxecto ou traballo. A matrícula dará dereito á realización de dúas probas, en función das convocatorias correspondentes.

As solicitudes dirixiranse ao órgano de dirección do centro xunto coa documentación solicitada, e presentaranse directamente na unidade administrativa do centro de estudos.


Probas Curso 2016-2017


Normativa das probas (convocatoria de matrícula 2016-2017 da Uvigo)


Documentación a entregar

  • Orixinal e fotocopia do DNI ou pasaporte para o seu cotexo.
  • Orixinal e fotocopia da documentación actualizada remitida polo Ministerio de Educación, na que consten as carencias observadas na tramitación do expediente de homologación, para o seu cotexo.

Prezos

Proba de conxunto: 116,53 €
Período de prácticas: 9,37 €/crédito
Proxecto ou traballo: 116,53 euros
Cursos tutelados: 9,37 €/crédito

Datas das probas

Por determinar.

Tribunal cualificador

Por determinar.


Para máis información poden dirixirse á dirección ou no teléfono 986 801 702.