Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:

  1. Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
  2. Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
  3. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
  4. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
  5. Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
  6. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas Universidades.
  7. Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
  8. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
  9. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
  10. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
  11. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente.
  12. Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
  13. Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.

Considerase un perfil de ingreso no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas,…) e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte son as seguintes:

  • Coñecementos básicos nos diferentes ámbitos científicos.
  • Interese pola práctica da actividade física e o deporte.
  • Inquietude e curiosidade sobre as manifestacións da motricidade e o deporte.
  • Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo.
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demáis e facilitar a súa aprendizaxe.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.

Acceso por preinscrición polo procedemento convocado pola CIUG

Número de prazas ofertadas: 100

Cupo Prazas
Xeral (Bacharelato –ABAU-, FP e estranxeiros) 82
Titulados (outras titulacións e Ensinos Artísticos Superiores) 1
Deportistas 8
Discapacitados 5
Proba de acceso +25 anos 2
Proba de acceso +45 anos 2

 

As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir en cada cupo, acumularanse ás ofertadas polo xeral, excepto no caso de deportistas. As cotas de reserva de prazas para deportistas de alto nivel o alto rendemento manteránse nas diferentes convocatorias de preinscrición (xuño e setembro).

Ditas prazas se adxudicarán tendo en conta os seguintes criterios:

  • Nota de admisión
  • Deportistas de Alto Nivel (artigo 2.2 do RD 971/2007 do 13 de xullo)
  • Deportistas de Alto Rendemento (artigo 2.3 do RD 971/2007 do 13 de xullo)

 

Acceso por recoñecemento de 30 créditos

Número de prazas ofertadas: 5 (1 para estranxeiros que se acumularía)

 

Probas de aptitude física
Probas de aptitude física de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Probas de conxunto
Probas de conxunto para a homologación de títulos estranxeiros

Retomar estudos

  • Listaxe provisoria de admitidos a retomar estudos 2023/2024

 

 

Información de apoio ao estudantado

Consulta o apartado orientación ao estudantado

Matrícula

Consulta o apartado matrícula