Homologación de títulos universitarios estranxeiros

A homologación é o recoñecemento da validez oficial en España dos títulos obtidos conforme a sistemas educativos estraxeiros, polos títulos equivalentes nacionais.

Guía sobre los procedimientos de homologación y equivalencia regulados por el RD 967/2014 (MECD)

 

Como solicitar homologación?

A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

A resolución favorable de homologación polo MECD, condicionada á previa superación de requisitos formativos complementarios, faculta para formalizar matrícula na Universidade de Vigo sempre que entre a súa oferta formativa se encontre esa titulación ou unha equivalente na nova estrutura de graos.

Os requisitos formativos complementarios poderán consistir na superación dunha proba de aptitude, na realización dun período de prácticas, na realización dun proxecto ou traballo ou na superación de cursos tutelados. Cando o MECD estableza máis dunha opción, será a persoa a que opte libremente cumprimentando o modelo de solicitude que corresponda.

Solicitude de requisitos formativos complementarios

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula polo menos 15 días antes da realización das probas, do comezo do período de prácticas ou da presentación do proxecto ou traballo. A matrícula dará dereito á realización de dúas probas, en función das convocatorias correspondentes.

As solicitudes dirixiranse ao órgano de dirección do centro xunto coa documentación solicitada, e presentaranse directamente na unidade administrativa do centro de estudos.

A homologación implica o recoñecemento do grao académico en cuestión, e conleva o recoñecemento dos efectos profesionais inherentes ao título español de referencia.

 

Información sobre as Probas de Conxunto

Prazo

Respetando o suliñado no parágrafo anterior, o prazo de presentación de solicitudes será ao longo do curso académico, aínda que, dependendo da opción elixida, no caso de asistencia a cursos tutelados, se se realiza una vez rematado o prazo de matrícula (no mes de agosto -consulta a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo-), haberá que esperar ao seguinte curso académico para poder matricular esta opción.

Documentación a entregar

  • Orixinal e fotocopia do DNI ou pasaporte para o seu cotexo.
  • Orixinal e fotocopia da documentación actualizada remitida polo MECD, na que consten as carencias observadas na tramitación do expediente de homologación, para o seu cotexo.

Prezos

Proba de conxunto: 116,53 €
Período de prácticas: 9,37 €/crédito
Proxecto ou traballo: 116,53 euros
Cursos tutelados: 9,37 €/crédito

Datas das probas

Por determinar.

Tribunal cualificador

Por determinar.

 

Para obter máis información podes dirixirte ao enderezo sfced@uvigo.es ou ao teléfono 986 801 702.