Segundo o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nuns ensinos oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutros ensinos superiores oficiais ou en ensinos universitarios conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.

A transferencia e recoñecemento de créditos nos ensinos de grao deberán respetar as seguintes regras:

  • Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  • O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudantado e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.

Por outra parte, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 créditos ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudiantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar.

A normativa e formularios para este tipo de recoñecementos está dispoñible no portal institucional da UVigo.

 

Admisión por recoñecemento de créditos de estudos universitarios oficiais

Poderá solicitar o acceso por esta vía quen cursara estudos universitarios parciais españois ou estranxeiros ou, quen tendo rematados estes últimos, non teña a homologación por unha titulación oficial española e declare por escrito que non a solicitará.

Os prazos e procedementos publícanse coa convocatoria de matrícula. Será necesario obter como mínimo o recoñecemento de 30 créditos ECTS. No caso de haber máis solicitudes que prazas, accederán as persoas ás que máis créditos se lles recoñezan.

 

Recoñecementos automáticos

A partir do curso 2020/2021 ao estudantado que cursara o Ciclo Formativo de Grao Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas ou o Técnico Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva recoñeceránselle as seguintes materias:

  • Actividade física e deporte recreativo
  • Lecer e turismo deportivo
  • Xogo motor
  • Socorrismo e a súa didáctica
  • Emprendimento e innovación en Ciencias do Deporte

Ao estudantado procedente das titulacións extinguidas impartidas na facultade aplicaránselle os seguintes recoñecementos:

Recoñecementos de titulacións extinguidas ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte