Facultade de Fisioterapia

Acceso e Admisión

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión


O Real Decreto 1892/2008, de 14 de novembro, modificado polo Real Decreto 558/2010, regula as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. En ditas normativas establecese que poderán acceder ás ensinanzas universitarias os seguintes grupos:

  • Estudantes en posesión do título de bacharelato que teñan superada unha proba de acceso á universidade (PAU): artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos de Estados membros ou doutros Estados cos que España teña suscrito Acordos Internacionais: artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros, previa solicitude de homologación do título de orixe ao título español de Bacharelato.
  • Estudantes en posesión dos títulos de Técnico Superior correspondentes ás ensinanzas de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas ou de Técnico Deportivo Superior correspondentes ás Ensinanzas Deportivas: artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
  • Maiores de 25 anos: Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
  • Persoas que acrediten experiencia laboral ou profesional, segundo o previsto no artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Maiores de 45 anos: artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Titulados universitarios: poderán acceder aqueles que estén en posesión dun título universitario oficial de Grao ou título equivalente; estén en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou título equivalente; teñan cursado estudos universitarios parciais no estranxeiro ou, habéndoos rematado, non obtiveran a súa homologación en España e desexen continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade de orixe teña recoñecidos polo menos 30 créditos.

Considerase un perfil de ingreso no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas,…) e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Educación Infantil son as seguintes:

  • Coñecementos básicos nos diferentes ámbitos científicos.
  • Interese pola adquisición de novas experiencias e coñecementos.
  • Inquietude e curiosidade sobre os novos retos que a sociedade demanda.
  • Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo.
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demáis e facilitar a súa aprendizaxe.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.

Número de prazas ofertadas: 75

Nota de corte (2015-2016): 6,8


Probas de Conxunto

Probas de Conxunto para a homologación de títulos estranxeiros.


Cursos Ponte de Adaptación ás Titulacións de Grao

Curso de Adaptación ao Grao.


Cambio de centro
O alumnado que curse o mesmo grao nos Campus de Ourense ou Vigo poderá solicitar cambio de centro ao Campus de Pontevedra. Os prazos e procedementos publícanse coa convocatoria de matrícula. Establecerase unha orde de prelación segundo a media do expediente académico, sendo mérito preferente ter 1º curso aprobado.

Listaxe cambio de centro 2017-2018


Información de Apoio ao Estudiante


Toda a información no apartado Apoio ao Estudante


Matrícula


Toda a información no apartado Matrícula


Curso ponte de adaptación ao grao


Curso de Adaptación de Diplomado/a Mestre/a (especialidades en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical) para a obtención do Grao en Educación Infantil (Sen mención).

Número de prazas: 10


Establécense tres grupos de acceso:

  • Diplomados/as pola Universidade de Vigo (5 prazas)
  • Titores/as do alumnado de Prácticum da Universidade de Vigo, tanto das antigas Diplomaturas de Mestre como do Grao de Educación Infantil (4 prazas)
  • Diplomados/as non incluídos/as nos grupos anteriores (1 prazas)

De non cubrirse todas as prazas ofertadas para os diferentes grupos de acceso, ditas prazas poderán ser acumuladas a outro grupo, tendo en conta o criterio de mellor expediente académico.

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

  1. Alumnos/as diplomados/as pola Universidade de Vigo que teñan cursado o Plan de Estudos do ano 2000 (5 prazas): Expediente académico
  2. Titores/as de Prácticum de alumnado da Universidade de Vigo (4 prazas): Tempo de titorización.
  3. Diplomados/as non incluídos/as nos grupos anteriores (1 praza): Expediente académico

Os cursos de adaptación panifícanse como un conxunto de materias extraídas do propio plan de estudos do Grao en Educación Infantil.

O Curso de Adaptación constará dun máximo de 60 ECTS. Proponse un itinerario específico para cada colectivo de acceso que varía no número de créditos e nas materias que deberán cursar en función da especialidade de mestre desde a que se accede.

A modo de resume: Nº de Créditos ECTS en función do Título de Acceso:

  • Título de Mestre especialista en Educación Infantil 42 ECTS.
  • Título de Mestre especialista en Educación Primaria 48 ECTS.
  • Título de Mestre especialista en Educación Especial 54 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Linguas Estranxeiras 60 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Educación Física 54 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Educación Musical 54 ECTS.

O Título de Grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o alumnado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes.

Materias e número de créditos do curso de adaptación en función da especialidade do Título de procedencia.