Facultade de Fisioterapia

Mencións do Grao en Educación Infantil

As mencións que se ofertan para o Grao en Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte son as seguintes:

Mención en Educación Física
Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Coñecemento da contorna a través da actividade física na educación infantil 6 OP
A educación física como medio de interdisciplinaridade 6 OP
Seguridade e hábitos saudables a través da educación física 6 OP
A linguaxe corporal 6 OP
Actividade física e diversidade na educación infantil 6 OP
Mención en Educación Musical
Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Técnica vocal e práctica coral 6 OP
Agrupacións instrumentais para a escola 6 OP
Novas tecnoloxías para a educación musical na escola 6 OP
Música nas culturas 6 OP
Expresión corporal e danza 6 OP
Mención en Afondamento Curricular
Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Ética e deontoloxía profesional 6 OP
Obradoiro de creatividade artística 6 OP
Coñecemento do medio natural 6 OP
Xeografía para mestres 6 OP
Didáctica das matemáticas para a educación infantil 6 OB
Xogo na educación infantil 6 OP

Para cada unha destas mencións ofertanse un total de 5 materias (a excepción da mención de afondamento curricular na cal se ofertan 6 materias).

O estudantado deberá cursar, polo menos, un total de 4 materias (24 créditos ECTS), para a obtención da correspondente mención. Así mesmo, 6 créditos da materia “Prácticum” (prácticas curriculares externas) deberán estar orientados á práctica profesional da mención que corresponda.

En todo caso, o estudantado poderá escoller 24 créditos de materias optativas de diferentes mencións, podendo igualmente obter o título de Grao en Educación Infantil, pero neste caso, SEN MENCIÓN.

A materia “Didáctica da relixión católica” non está asignada a ningunha das mencións de especialización curricular.