Facultade de Fisioterapia

Acceso e Admisión

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión


O Real Decreto 1892/2008, de 14 de novembro, modificado polo Real Decreto 558/2010, regula as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. En ditas normativas establecese que poderán acceder ás ensinanzas universitarias os seguintes grupos:

  • Estudantes en posesión do título de bacharelato que teñan superada unha proba de acceso á universidade (PAU): artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos de Estados membros ou doutros Estados cos que España teña suscrito Acordos Internacionais: artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros, previa solicitude de homologación do título de orixe ao título español de Bacharelato.
  • Estudantes en posesión dos títulos de Técnico Superior correspondentes ás ensinanzas de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas ou de Técnico Deportivo Superior correspondentes ás Ensinanzas Deportivas: artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
  • Maiores de 25 anos: Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
  • Persoas que acrediten experiencia laboral ou profesional, segundo o previsto no artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Maiores de 45 anos: artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Titulados universitarios: poderán acceder aqueles que estén en posesión dun título universitario oficial de Grao ou título equivalente; estén en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou título equivalente; teñan cursado estudos universitarios parciais no estranxeiro ou, habéndoos rematado, non obtiveran a súa homologación en España e desexen continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade de orixe teña recoñecidos polo menos 30 créditos.

Calquera vía de acceso do Bacharelato LOGSE ou opción cursada en COU considerase axeitada para o ingreso neste tipo de ensinanzas.

Ademáis, esta titulación está recomendada para aqueles estudantes que estén interesados polas cuestións relacionadas coa ensinanza, especialmente nos seus niveis básicos. Deben estar interesados polas actividades humanitarias e solidarias, ser responsables, adquirir compromisos éticos, críticos e auto-críticos. Con capacidade de traballar en grupo, ser persuasivo, emprendedor/a e ter facilidade para as relacións interpersoais. Ser sensible ás novas esixencias reclamadas dende unha realidade na que ao tempo se reclama a igualdade, a compensación das desigualdades e o dereito á diferencia, así como manifestar sensibilidade ante os problemas medioambientais. Ser creativos e flexibles e ser capaz de adaptarse a situacións complexas, cambiantes e non previstas.

Número de prazas ofertadas: 75

Nota de corte (2015-2016): 7,3


Probas de Conxunto
Probas de Conxunto para a homologación de títulos estranxeiros.


Curso Ponte de Adaptación ás Titulacións de Grao
Curso de Adaptación ao Grao.


Cambio de centro
O alumnado que curse o mesmo grao nos Campus de Ourense ou Vigo poderá solicitar cambio de centro ao Campus de Pontevedra. Os prazos e procedementos publícanse coa convocatoria de matrícula. Establecerase unha orde de prelación segundo a media do expediente académico, sendo mérito preferente ter 1º curso aprobado.

Listaxe cambio de centro 2017-2018


Información de Apoio ao Estudante


Toda a información no apartado Apoio ao Estudante


Matrícula


Toda a información no apartado Matrícula


Curso ponte de adaptación ao grao


Curso de Adaptación de Diplomado/a Mestre/a (especialidades en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical) para a obtención do Grao en Educación Primaria (Sen mención).

Número de prazas: 10


Establécense tres grupos de acceso:

  • Diplomados/as pola Universidade de Vigo (5 prazas)
  • Titores/as do alumnado de Prácticum da Universidade de Vigo, tanto das antigas Diplomaturas de Mestre como do Grao de Educación Infantil (4 prazas)
  • Diplomados/as non incluídos/as nos grupos anteriores (1 praza)

De non cubrirse todas as prazas ofertadas para os diferentes grupos de acceso, ditas prazas poderán ser acumuladas a outro grupo, tendo en conta o criterio de mellor expediente académico.

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

  1. Alumnos/as diplomados/as pola Universidade de Vigo que teñan cursado o Plan de Estudos do ano 2000 (5 prazas): Expediente académico
  2. Titores/as de Prácticum de alumnado da Universidade de Vigo (4 prazas): Tempo de titorización.
  3. Diplomados/as non incluídos/as nos grupos anteriores (1 praza): Expediente académico

Os cursos de adaptación panifícanse como un conxunto de materias extraídas do propio plan de estudos do Grao en Educación Primaria.

O Curso de Adaptación constará dun máximo de 60 ECTS. Proponse un itinerario específico para cada colectivo de acceso que varía no número de créditos e nas materias que deberán cursar en función da especialidade de mestre desde a que se accede.

A modo de resume: Nº de Créditos ECTS en función do Título de Acceso:

  • Título de Mestre especialista en Educación Infantil 42 ECTS.
  • Título de Mestre especialista en Educación Primaria 48 ECTS.
  • Título de Mestre especialista en Educación Especial 54 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Linguas Estranxeiras 60 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Educación Física 54 ECTS.
  • Título de Mestre Especialista en Educación Musical 54 ECTS.

O Título de Grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o alumnado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes.

Materias e número de créditos do curso de adaptación en función da especialidade do Título de procedencia.