Facultade de Fisioterapia

Xustificación EP

Interese académico, científico e profesional do título

O Capitulo II do Titulo III da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Maio, de Educación, relativo ao profesorado das distintas ensinanzas contempladas en dita Lei, conforma a profesión de Mestre en Educación Primaria como profesión regulada. Máis concretamente, no artigo 93, establece que o Título de Mestre en Educación Primaria, ou o Título de Grao equivalente, constitúe requisito imprescindible para o exercicio de dita profesión.

En dito documento establecese que:

“A educación primaria será impartida por mestres, que terán competencia en todas as áreas deste nivel. A ensinanza da música, da educación física, dos idiomas estranxeiros ou daquelas outras ensinanzas que determine o goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas, serán impartidas por mestres coa especialización ou cualificación correspondente”.

Con posterioridade, a Resolución de 17 de decembro de 2007, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, establece as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudo conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Mestre en Educación Primaria.

O artigo 12.9 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, dispón que os plans de estudos conducentes a títulos universitarios oficiais que permitan obter as competencias necesarias para o exercicio dunha actividade profesional regulada en España, deberán adecuarse ás condicións que estableza o Goberno que ademáis deberán axustarse, no seu caso, á normativa europea aplicable.

O Capítulo II do Título III da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, relativo ao profesorado das distintas ensinanzas contempladas en dita Lei, conforma ditas profesións docentes como reguladas, establecendo nos seus artigos 92 e seguintes os requisitos de titulación esixidos para o exercicio de cada unha delas. Tratase pois, neste caso, de establecer de conformidade co previsto no artigo 12.9 do real decreto 1393/2007, de 29 de outubro, anteriormente mencionado, as condicións que serán de aplicación a todos os plans de estudos conducentes á obtención do título universitario oficial que permita exercer a profesión de Mestre en Educación Primaria.

A proposta de título de grao faise dende a referencia ao Libro Branco do Titulo de Grao de Maxisterio (ANECA, 2004) sobre o cal existe un amplo consenso entre as universidades españolas, entre elas a Universidade de Vigo. Concretamente e en referencia específica ao Volume 1 do Libro Branco, tiveronse en conta, entre outros, os datos seguintes: os obxectivos do título, os perfis profesionais, as competencias específicas (xenéricas), e as competencias específicas de formación disciplinar e profesional. E do Volume 2, o Anexo 2 (“Datos de oferta, demanda y matrícula”) e o Anexo 3 (“Encuesta de inserción laboral diseñada para la Red de Magisterio”).

Ademáis, partindo do Volume II do Libro Branco, que conten no Anexo 1 un informe sobre os graos de maxisterio nos 25 países da Unión Europea (Luís Carro, Universidade de Valladolid, xaneiro de 2004), consultaronse os sistemas xerais de formación do profesorado de Infantil e Primaria daqueles países europeos nos cales a duración destes estudos é, como aquí se propón, de catro anos: Checoslovaquia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Grecia, Holanda, Hungría, Letonia, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido, e Suecia.

Seguindo criterios de accesibilidade lingüística e de afinidade coas novas propostas do Ministerio para os graos de Educación Infantil e Primaria no noso país, profundizouse nos plans de estudos de numerosas universidades finlandesas, holandesas, portuguesas e británicas, sendo a destacar pola súa posible relevancia os das Universidades de Bath e Derby no Reino Unido.

Tamén se buscou no ámbito nacional os (ata a data escasos) modelos que puidesen servir de referencia para a elaboración deste plan de estudos. Neste contexto, cabe destacar o da Universidade Pontificia de Comillas (ICADE) e diversos borradores doutras universidades, entre elas, o da Universidade de Barcelona.

Asi mesmo, tiveronse en conta as recomendacións feitas polo Comité de Avaliación Externa que participou na Avaliación das Titulacións de Maxisterio da Universidade de Vigo.

En todo caso, conven resaltar que na presente proposta de título asumense básicamente os plantexamentos que se elaboraron no Proxecto Tuning sobre competencias específicas para a área temática de Ciencias da Educación e aspectos relacionados coa calidade e os enfoques de ensinanza e aprendizaxe, avaliación e rendemento.

Descrición dos procedementos de consulta internos e externos

Un membro do equipo decanal da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte participou activamente na elaboración do Libro Branco do Grao de mestre como membro da Asemblea plenaria.

Durante ese proceso –xaneiro 2004 a marzo 2004– realizouse unha recollida de información entre os docentes, graduados, alumnos/as e profesionais para configurar o estudo da situación académica da titulación na Universidade Española e tamén o estudo do mercado laboral e das competencias profesionais do titulado. Nesta mostra participou activamente a comunidade relacionada coas Diplomaturas en Educación Infantil, Primaria, Física, Musical, Especial e Lingua estranxeira.

Así mesmo, programaronse reunións informativas e de debate sobre o proceso de Bolonia en xeral, e sobre o proceso en particular de elaboración do Libro Blanco do Grao das Diplomaturas en Educación Infantil e Primaria. Nestas reunións participou a comunidade das Diplomaturas en Educación Infantil, Primaria, Física, Musical, Especial e Lingua estranxeira.

A Xunta da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na súa reunión do 13 de Marzo de 2008, aprobou por asentimento unánime o seguinte proceso de elaboración dos Plans de Estudos de Grao das titulacións adscritas ao centro polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. O proceso fundamentase no “Procedemento para o Deseño da Oferta Formativa da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte” explicitado no Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.


Este procedemento resumese no seguinte diagrama de fluxo e desenvolvemento.