Facultade de Fisioterapia

Programa de Maiores

programa maiores

Ciclo Intensivo


É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, e favorecendo un estilo de vida activo e saudable.

O estudantado poderase matricular dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo.

Neste caso, o estudantado deberase matricular de todos os créditos restantes nunha única vez. Unha vez superados os 54 créditos ECTS dos que se compón o ciclo intensivo, outorgarase a correspondente acreditación mediante un título propio de «universitario ou universitaria sénior».


Ciclo Integrado


Ten como obxectivo fundamental fortalecer as relacións interxeracionais. Este ciclo permítelle ao alumnado cursar materias pertencentes a diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

Diferénciase do ciclo intensivo en que estes estudos desenvolveranse xunto co estudantado das correspondentes titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, nas mesmas aulas e horarios, e en igualdade de circunstancias, salvo que non exista a obriga de participar nos procesos de avaliación do estudantado xeral de grao.

O alumnado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico. Unha vez superados 36 créditos ECTS dos que se compón o ciclo integrado, outorgaráselle un título propio de «universitario ou universitaria superior sénior». No caso de que o alumno ou alumna supere un mínimo de 24 créditos dun mesmo ámbito de coñecemento, engadiráselle ao título obtido o recoñecemento como experto ou experta no ámbito correspondente.


Toda a información en: UVigo

Coordinador do Programa de maiores no Campus de Pontevedra: Iván Martínez Lemos ()
Contacto: | +34 986 801 909