Facultade de Fisioterapia

Recursos materiais e servizos

Recursos materiais


Laboratorios

Capacidade: 20-25 alumnos

Espazo dotado de medios tecnolóxicos específicos e medios docentes. Adoita ter postos de traballo individuais.

Uso habitual: Desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica. Presentación de resultados por parte do estudantado. Clases teóricas e prácticas. Titorías en grupo. Exames e probas prácticas. Emprégase con presenza de profesor en clases teórico-prácticas e prácticas, ou en traballo autónomo do estudantado.

Laboratorio de didática das ciencias experimentais

laboratorio didácticas cc experimentais

Postos de traballo dotados de equipamento tecnolóxico do ámbito das Ciencias Naturais, tomas de auga e electricidade, campá de gases e diferente material específico das ciencias.


Laboratorio de novas tecnoloxías e informática

laboratorio nuevas tecnologías

Postos de traballo dotados de ordenador con software axeitado para as competencias e coñecementos a adquirir. Proxector de video dixital. Material audiovisual (cámaras de video dixital, equipos de montaxe audiovisual, videos, televisores,...).


Laboratorio de Fisioloxía e Biomecánica

laboratorio fisioloxía e biomecánica

Postos de traballo dotados de equipamento tecnolóxico do ámbito da fisioloxía (tapiz rodante, cicloergómetros, plataforma de contacto, pulsómetros, analizador de lactato, analizador de gases, desfibrilador) e biomecánica deportiva (analizador de movementos, cámara de alta velocidade, simulador de palancas,...)


Laboratorio de rendemento deportivo e da condición física e benestar

.


Laboratorio de didáctica das artes plásticas e visuais

laboratorio artes plásticas

Postos de traballo dotados de mesas de debuxo e equipamento tecnolóxico do ámbito do deseño, así como mesas para traballo grupal e murais de exposición.


Laboratorio de idiomas

.


Laboratorio de control motor

.


Aula de Música

aula de música

Aula dotada dunhas determinadas características acústicas, coa fin de aillar os sonidos. Dotada de diferente tipo de instrumentos d corda, de vento e de percusión para o desenvolvemento das diferentes materias vinculadas á música.


Laboratorio de Anatomía Humana (externo - Facultade de Fisioterapia)

Postos de traballo dotados de equipamento do ámbito anatómico (esqueletos, maquetas de articulacións,...).

Instalacións deportivas

Capacidade: 20-25 alumnos

Espacio deportivo dotado de medios materiais específicos e medios docentes necesarios.

Uso habitual: desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de material específico. Presentación de resultados por parte do estudantado. Clases teóricas e prácticas. Titorías en grupo. Exames e probas prácticas. Emprégase con presenza de profesor en clases teórico-prácticas e prácticas, ou en traballo autónomo do estudantado.

Gimnasio

gimnasio

Espazo de 25x14m dotado de diferentes materiais vinculados á educación física e o deporte (colchonetas, raquetas de badminton, balóns de diferentes colores e tamaños,...).

Dispón de megafonía sen fíos.

Dispón de paredes con aillamento acústico e espellos.


Tatami

tatami

Espazo de 20x14m dotado de chan acolchado e material deportivo de anclaxe vertical (aneis, escada horizontal,...).

Dispón de megafonía sen fíos.

Dispón de paredes con aillamento acústico e espellos.


Pista de Atletismo

pista de atletismo

Recta cuberta de 120m de lonxitude de 4 calles con zona de saltos e lanzamentos ubicada no Centro formativo.

Pista de atletismo de 400m ao aire libre de corda ubicada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Instalación que se emprega grazas aos acordos de colaboración da Universidade de Vigo e a Dirección Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia).

Dotadas ambas instalacións de pavimento de atletismo de última xeración.


Pavillón deportivo

pabellón

Instalación deportiva polivalente de 45x25m con porterías, canastas e fosos de voleibol, que permite a través da ubicación de duas cortinas separadores dividir o espazo en tres partes iguais con canchas de voleibol, mini balonman e baloncesto.

Dispón de megafonía sen fíos.


Rocódromo

rocódromo

Situado nun lateral do pavillón cunha dimensión de 6 metros de largo por 8 metros de alto, con diferentes niveis de dificultade.


Piscina

Instalación acuática cuberta de 25 metros de lonxitude por 10 metros de ancho de 6 calles, ubicada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Instalación que se emprega grazas aos acordos de colaboración da Universidade de Vigo e a Dirección Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia).


Campo de Futbol de herba sintética

Instalación deportiva ubicada ao aire libre e no Campus Universitario, de dimensións 105x70 m. Instalación que se emprega grazas aos convenios de colaboración na Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra.


Sala de Musculación

Instalación deportiva de 80 m2, que conten diferentes aparatos de musculación orientados ao desenvolvemento dos diferentes grupos musculares. Presenta tamén maquinas de adestramento específicas dos deportes (natación, remo, etc.).


Pantalán para embarcacións

Instalación deportiva que permite a entrada e saída do río de embarcacións de remo e piragüismo. Ubicada a moi poucos metros do campus universitario (500m).

Aula Teórica Pequena

Capacidade: 40-56 alumnos

Aula de pequena capacidade. O estudantado permanece sentado. O mobiliario é de cadeira de distribución e organización variable.

Uso habitual: Clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Exames e outras probas escritas e orais. Presentacións por parte do estudantado. Seminarios e obradoiros. Proxeccións. Traballos en grupo.

Aulas 4, 9, 10 e 11

aula teórica pequeña

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de cadeiras individuais con pala de escritura.


Aula Teórica Mediana

Capacidade: 70-80 alumnos

Aula de mediana capacidade. O estudantado permanece sentado. O mobiliario é de cadeira de distribución e organización variable.

Uso habitual: Clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Exames e outras probas escritas e orais. Presentacións por parte do estudantado. Seminarios e obradoiros. Proxeccións. Traballos en grupo.

Aulas 1, 2, 7 e 8

aula teórica mediana

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de cadeiras individuais con pala de escritura.


Aula Teórica Grande

Capacidade: 110 alumnos

Aula de gran capacidade. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: Clases maxistrais a grupos grandes. Exames e outras probas escritas e orais. Presentacións por parte do estudantado. Conferencias. Proxeccións.

Aulas 5 e 6

aula teórica grande

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de mobiliario fixo.

Seminarios

Capacidade: 10-15 alumnos

Aulas para grupos reducidos. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: Aula próxima aos despachos do profesor. Emprégase como apoio ao profesor, xa sexa como despacho para atender individualmente ao estudantado durante as actividades docentes desenvoltas na aula, para a realización de titorías, etc.

Seminarios 1 e 2

seminario

Equipos de proxección analóxica y digital (móbiles) para presentacións multimedia. Outros medios para a docencia.

Aula dotada de mesas grandes para traballo en grupo. Conexión a Internet.

Despachos de profesores

Os profesores con docencia no centro dispoñen de ata un total de 14 despachos ubicados en distintas dependencias.

O listado de profesores e a súa localización pode consultarse no seguinte enlace.

Salón de Graos

salón de grados

O Salón de Graos, con capacidade para 135 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,...


Delegación de alumnado

Os representantes do alumnado do centro dispoñen dunha sala con equipamento adecuado aos seus fins.

Acceda ao apartado propio da Delegación de Alumnado a través deste enlace.

Centro de Estudos Olímpicos

.


Almacenes de material deportivo

Todas as instalacións deportivas presentan anexados almacenes destinados a gardar material empregado en aquelas materias que teñen a instalación como base da práctica deportiva. Todos os almacenes teñen acceso directo á instalación.


Taquillas de almacenaxe

Os alumnos/as matriculados dispoñen de taquillas pechadas onde gardar os seus materiais e ferramentas de traballo e outras pertenencias persoais.


Outros recursos materiais do centro

Ademáis das infraestruturas e dotacións ubicadas en espazos concretos de docencia-aprendizaxe, existe un material diverso que pode ser utilizado polo profesorado e estudantado na súa actividade no centro. O uso deste material é controlado polo servizo de Conserxería da facultade mediante un sistema establecido que inclúe o compromiso para unha utilización axeitada por parte do usuario. O material dispoñible consiste en: ordenadores portátiles, proxectores dixitais, reproductores de video en diversos formatos, monitores, escaleras de man, cables de conexión, etc. Se ben en xeral o estudantado debe de costearse os materiais necesarios para desenvolver os exercicios e traballos programados nas distintas materias.

vigo

A Biblioteca central do Campus de Pontevedra ofrece os seguintes servizos:

  • Sala de Lectura
  • Dúas cabinas audiovisuais
  • Seis ordenadores de información
  • Rede WIFI

Horario

Luns a venres 8.30 a 21.00 h


Extraordinario:

  • Noites de luns a venres durante as épocas de exames ata as 03.00 h
  • Fin de semana dende o sábado 23 de abril ao domingo 29 de maio en horario de 08.00 a 22.00 h

Reducido:

  • luns a venres de agosto 08.45 a 14.20 h, pechado polas tardes.


Servizos Xerais


Conexión sen fíos

O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.


Recursos docentes en rede

Como apoio á actividade docente presencial, a Universidad de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación.


Servizo de reprografía

O centro dispón de maquinas de reprografía de uso libre en todas as plantas. o seu uso xestionase a través de código ou tarxeta de fotocopias. Por outra banda, a 100 metros da facultade atopase un posto de reprografía central do campus xestionado por unha empresa externa.


Servizo de cafetería e restauración

O centro non dispón de servizo de cafetería nin restauración; para suplir esta necesidade ubicaronse na planta baixa e na primeira planta, maquinas de café, bebida e alimentos para toda a comunidade. Por outra banda, a 100 metros da facultade atopanse dous postos de cafetería e restauración central do campus xestionados por empresas externas.