Facultade de Fisioterapia

Programas de Mobilidade

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais)

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

José Mª Pazos Couto

Coordinador de Relacións Internacionais

+34 986 801 717

Coa fin de promover e facilitar a mobilidade do estudantado, organízanse sesións informativas na Facultade, a maiores das ofrecidas e establecidas por parte da Oficina de Relacións Internacionais, nas que o coordinador de Relacións Internacionais na Facultade de Fisioterapia informa, orienta e asesora sobre os diferentes programas de mobilidade e os procedementos a seguir por aquel estudantado interesado en participar en ditos programas.

Estas sesións terán lugar como se ven facendo ata o de agora antes da publicación das convocatorias, durante o proceso de solicitude e unha vez seleccionados os candidatos.

O estudantado recibe información sobre os países e as universidades de destino, así como sobre as materias e o recoñecemento de créditos. Se lles facilita un dossier cunha guía informativa sobre a documentación deben entregar na ORI e enviar á universidade de destino; sobre a viaxe, o visado e a asistencia sanitaria; sobre as axudas económicas; os cursos para a preparación lingüística ofertados na Universidade de Vigo e tamén na Universidade de destino; sobre o contrato de estudos, a matricula e o recoñecemento de créditos.

Durante a estadía na universidade de destino o coordinador realiza un seguimento do estudantado e das actividades desenvoltas por eles.