Facultade de Fisioterapia

Mobilidade internacional

Programas de mobilidade internacional
Programa Convocatoria Prazo de solicitude Solicitude
Prazo Comezo Fin
Erasmus estudos RR 12/12/2016 1º prazo 13/12/2016 13/01/2017 Secretaría virtual
Erasmus prácticas RR 24/04/2017 1º prazo 25/04/2017 30/06/2017 ORI
ISEP RR 10/11/2016 único 11/11/2016 13/01/2017 Impreso
Bolsas de intercambio UVIGO RR 23/12/2016 único 24/12/2016 22/01/2017 Secretaría virtual
Santander (Grao) RR 10/04/2017 único 11/04/2017 28/04/2017 Secretaría virtual
Libre mobilidade Normativa permanente Secretaría virtual

Convocatoria aberta | Convocatoria pechada


Programa Erasmus+


O programa Erasmus+, aprobado polo Parlamento Europeo para o periodo 2014-2020, entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2014. Este programa abrangue todos os niveis educativos: escolar, formación profesional, ensinanza superior (Grao, Mestrado e Doutoramento) e formación de persoas adultas. En relación coa educación superior, se inclúen as seguintes actuacións:


ERASMUS ESTUDOS

Facilita cursar un período de estudos (un semestre ou curso completo) noutra universidad europea coa que exista o convenio correspondente, con total recoñecemento académico dos estudos realizados. Antes de iniciar a estancia, débese cumprimentar o contrato de estudos ou “learning agreement”. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polos coordinadores de mobilidade do centro propio e de destino, establece as materias cursadas na universidade de destino que serán recoñecidas localmente.

Máis información na ORI


ERASMUS PRÁCTICAS

Ofértanse un mínimo de 65 prazas para realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensinanza superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.

As prácticas para o primeiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 01/09/2017 e o 31/08/2018.

Máis información na ORI


Programa ISEP


O programa ISEP permite que estudantes de últimos cursos de grao (3º e 4º) ou de posgrao da Universidade de Vigo realicen nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-deceembro/xaneiro ou xaneiro-maio/xuño) elixindo entre máis de 150 universidades e unha ampla gama de programas de estudos.

  • Requisitos académicos
    • Alumnado de grao: Estar matriculado no ano académico en que se realiza a solicitude en 2º, 3º ou 4º curso do grao.
    • Alumnado de mestrado/posgrao: Estar matriculado nalgún mestrado ou programa de Doutoramento.
  • Requisitos lingüísticos: Estar en posesión e con vixencia do TOEFL.

Máis información na ORI


Bolsas de intercambio propias da UVIGO


A Universidade de Vigo, dentro do seu programa de mobilidade internacional, financia mediante bolsas de intercambio propias, estancias de estudo (un semestre ou curso completo) en diversas universidades de todo o mundo en función dos distintos convenios establecidos.

O listado de prazas ofertadas para o curso 2017-2018 pódese consultar neste enlace.

Máis información na ORI


Bolsas Iberoamérica Grao Santander-Universidades


Estas bolsas están destinadas a alumnado de Grao para cursar un semestre ou un curso completo en determinadas universidades de América latina. Establécese como requisito académico ter superados 120 ECTs no momento de iniciar a estadía.

Esta bolsa pode ser compatible cunha bolsa propia para o mesmo destino. Poderían gozar da bolsa un cuadrimestre e a bolsa propia no seguinte cuadrimestre.

Máis información na ORI


Libre mobilidade


A Universidade de Vigo permite a realización de mobilidade internacional por iniciativa propia do alumnado, fóra dos programas oficiais de intercambio. Nestos casos, realizase unha estadía académica temporal noutra universidade estranxeira cursando un programa formativo compatible có da titulación da Universidade de Vigo, sen a concesión dunha praza de mobilidade dun programa oficial de intercambio. O programa formativo que se desenvolverá na universidade de destino ten que ser aprobado previamente polo coordinador de mobilidade do centro. No caso dos estudantes de Grao é necesario ter superados polo menos 60 ECTs antes de realizar a estadía.

Máis información na ORI