Facultade de Fisioterapia

Liñas temáticas ofertadas para o TFG 2018/2019

Con data de hoxe, día 17 de setembro, publícase a listaxe de propostas temáticas ofertadas para a realización dos Traballos Fin de Grao dos Graos en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Educación Infantil e educación Primaria no curso 2018/2019.


Liñas temáticas ofertadas para o TFG 2018/2019

Máis información no apartado do TFG

Preinscrición en materias optativas de 3º curso (Educación Infantil e Educación Primaria) para o curso 2018-2019

Antes de que se abra o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 (7-27 de agosto de 2018), o estudantado que xa estivese cursando estudos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e que desexe matricularse nas materias optativas de 3º dos Graos en Educación Infantil e Educación Primaria deberá realizar unha preinscrición entre os días 6 e 16 de xullo de 2018.


Procedemento de matrícula en materias optativas

Admisión por cambio de centro (Educación Infantil e Educación Primaria) para o curso 2018-2019: listaxe de persoas admitidas

Vista a Resolución Reitoral de data 30 de maio de 2018 pola que se publica a convocatoria de admisión e matrícula para as ensinanzas de grao da Universidade de Vigo no curso académico 2018/2019.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de "Admisión por cambio de centro na Universidade de Vigo entre titulación de grao co mesmo plan de estudos" (GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL E GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA).

Tendo en conta a instrución do Vicerreitorado de Organización Académica, Profesorado e Titulacións pola que se establece o réxime de cambio de centro en titulacións co mesmo plano de estudos na Universidade de Vigo de data de 23 de marzo de 2011, os criterios de admisión aprobados pola Xunta de Centro, os acordos acadados na Comisión Permanente, e de acordo co punto 2.6 da Resolución anterior, este Decanato

RESOLVE:

  1. Facer pública a listaxe de persoas admitidas para formalizar a matrícula e a listaxe de agarda
  2. Convocar ós admitidos do 7 ao 27 de agosto para formalizar a súa matrícula.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a matrícula, decaerá no seu dereito e arquivarase sen máis trámite. (Neste caso efectuaranse chamamentos cada 3 días á listaxe de agarda).


Listaxe cambio de centro 2018/2019

Convocatoria de Bolsas de Aloxamento nas Residencias de Estudantes da Universidade de Vigo 2018/19

Resolución reitoral do 5 de xuño de 2018 pola que se convocan prazas e bolsas de aloxamento nas residencias de estudantes da Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.

PRAZAS: Residencia AFUNDACIÓN - Pontevedra: 62 prazas

BOLSAS: 59 axudas de 100 €/mes e 59 axudas de 60 €/mes


Solicitude alumnado novo
Solicitude alumnado de continuación


Ademais para a RESIDENCIA AFUNDACIÓN deberá cubrir o formulario da residencia

Consulta a convocatoria