Facultade de Fisioterapia

Admisión por cambio de centro (Educación Infantil e Educación Primaria) para o curso 2018-2019: listaxe de persoas admitidas

Vista a Resolución Reitoral de data 30 de maio de 2018 pola que se publica a convocatoria de admisión e matrícula para as ensinanzas de grao da Universidade de Vigo no curso académico 2018/2019.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de "Admisión por cambio de centro na Universidade de Vigo entre titulación de grao co mesmo plan de estudos" (GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL E GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA).

Tendo en conta a instrución do Vicerreitorado de Organización Académica, Profesorado e Titulacións pola que se establece o réxime de cambio de centro en titulacións co mesmo plano de estudos na Universidade de Vigo de data de 23 de marzo de 2011, os criterios de admisión aprobados pola Xunta de Centro, os acordos acadados na Comisión Permanente, e de acordo co punto 2.6 da Resolución anterior, este Decanato

RESOLVE:

  1. Facer pública a listaxe de persoas admitidas para formalizar a matrícula e a listaxe de agarda
  2. Convocar ós admitidos do 7 ao 27 de agosto para formalizar a súa matrícula.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a matrícula, decaerá no seu dereito e arquivarase sen máis trámite. (Neste caso efectuaranse chamamentos cada 3 días á listaxe de agarda).


Listaxe cambio de centro 2018/2019