Facultade de Fisioterapia

Preinscrición materias optativas EI/EP do 22 ao 26 de xaneiro na secretaría

O alumnado que desexe matricularse de materias optativas con prazas vacantes no mes de xaneiro deberá realizar unha preinscrición entre os días 22 e 26 de xaneiro de 2018. Dita preinscrición consistirá en cumprimentar un formulario electrónico que se poderá atopar na Secretaría Virtual.

O procedemento de asignación ao alumnado das materias optativas vacantes realizarase do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018. O procedemento de asignación rexerase polos criterios reflectidos no punto 2 deste procedemento.

O alumnado que sexa admitido no mes de xaneiro, como consecuencia do proceso de asignación de prazas vacantes, disporá unicamente do prazo establecido para modificacións de matrícula de materias do 2º cuadrimestre (3 ao 6 de febreiro de 2018) para matricularse de dita/s materia/s. No caso de quedar prazas vacantes o centro poderá valorar outras solicitudes recibidas. Non poderá matricularse en ningunha outra data de modificación de matrícula.


Procedemento de matrícula en materias optativas EI/EP 2017-2018