Facultade de Fisioterapia

Os obradoiros do campus renóvanse cun laboratorio creativo, ficción televisiva e arduino

Radio, escalada e locución audiovisual completan a oferta formativa para este cuadrimestre

Concibidos como un xeito de complementar e ampliar a formación do alumnado do campus, pero abertos ao conxunto da cidadanía, o programa de obradoiros da Vicerreitoría para o segundo cuadrimestre combina novas propostas coa reedición dalgúns dos talleres máis demandados en anteriores convocatorias. Desde este luns permanece aberta a inscrición en seis obradoiros entre os que figuran novas opcións que permitirán reflexionar sobre series e outros formatos de ficción televisiva e sobre técnicas de produción artística como o apropiacionismo, así como iniciarse na programación de placas de arduino. Esta oferta formativa de talleres de 30 horas, que se desenvolverán entre os meses de febreiro e maio, complétase cun novo taller sobre radio, desta volta centrado no control de son, e con novas edicións dos cursos de iniciación á escalada en rocódromo e locución audiovisual.

obradoiros

Tralo éxito acadado no cuadrimestre anterior, volve o obradoiro de Escalada en rocódromo, que dirixe a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Águeda Gutiérrez. Centrado nas técnicas básicas desta disciplina, este curso de iniciación será impartido polo guía nacional de escalada e responsable de tecnificación da Federación Galega de Montañismo José Juan Domínguez, e o director da Escola Galega de Alta Montaña, David Pérez, xunto con Gutiérrez e o tamén docente da Facultade Diego Alonso.


Ler a noticia completa no DUVI