Facultade de Fisioterapia

A educación física contribúe a un mellor rendemento escolar

Destacou o catedrático Onofre Contreras no Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Saúde

A reivindicación dun maior peso da educación física nos currículos escolares foi este xoves un dos temas de debate do XIV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Saúde, que ata este sábado reúne no Pazo da Cultura de Pontevedra a preto de 270 asistentes procedentes de oito países. 15 conferencias e talleres integran o programa dun evento promovido polo Concello, a Vicerreitoría do campus, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e Sportis Formación Deportiva, que na conferencia inaugural, a cargo do catedrático da Universidad de Castilla La Mancha, Onofre Contreras, puxo o foco na “relación directa” entre educación física e a “mellora do rendemento académico”.

A educación física contribúe a un mellor rendemento escolar

Expertos, alumnado e profesionais participan desde esta xornada nun congreso que conta con asistentes chegados dos diferentes puntos da xeografía española, ao igual que de Colombia, México, Chile, Perú, Cuba, Brasil e Portugal, así como un “panel de conferenciantes dunha calidade máxima nos ámbitos da educación física, o deporte escolar, o rendemento deportivo ou a saúde”, como salientou no acto inaugural o director xeral do comité organizador, Víctor Arufe. Este docente da UDC estivo acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicerreitor do campus en funcións, Juan Manuel Corbacho; o presidente do comité organizador e profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José Luis García Soidán, e a representante de Coca-Cola María Troncoso. “O congreso naceu sendo eu aínda estudante de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi crecendo ano tras ano e creo que é xa un evento de referencia”, engadiu Arufe dunhas xornadas nas que se presentan tamén preto 150 traballos en investigación nos formatos de pósters e comunicacións.


Ler a noticia completa no DUVI