Valerse da evidencia científica para rebater “falos mitos” como que “é mellor fumar un porro que un cigarro”, que o consumo de cannabis “non produce dependencia”, nin ten efectos cerebrais negativos constituía o obxectivo central do obradoiro Prevención de cannabis e tabaco baseada na evidencia científica, que na tarde deste mércores se desenvolve na sede da Vicerreitoría do campus. Inserido nas actividades do Campus Crea, o profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense e técnico en prevención de drogodependencias Manuel Isorna foi o encargado de impartir un seminario de buscaba “sensibilizar e empoderar aos e ás asistentes” respecto dos efectos de dúas drogas que constitúen “un problema de saúde pública de primeira orde”. Segundo os datos do Plan Nacional sobre Drogas, 9,6 millóns de persoas de todas as idades consumen tabaco diariamente en España, mentres que 2,1 millóns son consumidores de cannabis, dos que 600.000 realizan un consumo diario, lembrou Isorna, quen puxo énfase en que “en España temos un dos índices de consumo máis altos de toda Europa” destas substancias.
Derrubando falsos mitos sobre unha droga que consumen dous millóns de persoas en España
