Ciencias da Educación e do Deporte gradúa 222 novos e novas profesionais

O pasado 6 de xuño, arroupados por docentes e familiares, que encheron o auditorio do Pazo da Cultura, os 222 novos titulados e tituladas que integran as sétimas promocións dos tres graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte celebraron na tarde deste xoves o fin dunha etapa formativa. Nun acto que completou a actuación do Coro do Campus de Pontevedra, os novos graduados e graduadas recibiron as verbas de recoñecemento do reitor, Manuel Reigosa; o alcalde en funcións de Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores; o vicerreitor do campus, Jorge Soto; o decano da facultade, Vicente Romo; o presidente do Colef Galicia, Henrique Xoán Rodríguez; a inspectora de Educación da Xunta de Galicia Adoración de la Fuente e a directora do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade, Marián Fernández Villarino.

Concretamente, recolleron neste acto as súas bandas e diplomas 83 novos graduados e graduadas en Ciencias da Educación e do Deporte, que tiveron como padriño ao catedrático Carlos Lago; 81 novas tituladas e titulados en Educación Infantil, promoción que tivo como padriño ao profesor Roberto Barcala; e 58 graduadas e graduadas en Educacion Primaria, co integrande do persoal de administración e servizos Francisco Pena como padriño.

Ler a noticia completa no DUVI