Universidade e Federación Galega de Piragüismo estreitan vías de colaboración

Co propósito de abrir unha vía de colaboración en ámbitos como a investigación ou a organización de actividades, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Piragüismo (Fegapi) asinaron un convenio marco de colaboración que este venres foi presentado na sede da Vicerreitoría do campus. “Para nós este é un convenio moi importante”, salientou o vicerreitor, Jorge Soto, quen incidiu na vontade da institución académica de promover colaboracións coa federación en eidos como a investigación ou o fomento “da saúde e das boas prácticas deportivas”, que constitúen, lembrou, un dos eixos do proxecto Green Campus. “Para o avance do noso deporte, para avanzar na preparación cos deportistas, é fundamental contar con convenios coas universidades”, engadiu o presidente da Fegapi, Alfredo Bea, nun acto que contou tamén coa participación dos profesores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Iván Martínez e Pablo Tenreiro.

Ler a noticia completa no DUVI