O prácticum é unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlle aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica

Obxectivos

Coa realización das prácticas académicas externas preténdense alcanzar os seguintes fins:

  • Contribuír para a formación integral do estudantado complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
  • Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o futuro profesorado haberá de operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
  • Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
  • Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
  • Favorecer a innovación e creatividade e o emprendemento.

Requirimentos

Para poder matricularse no Practicum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.

Organización

Os centros responsables disporán dos Convenios de Colaboración Educativa necesarios para a realización do Prácticum. O centro garantirá que todo o estudantado matriculado no Prácticum dispoña de centro para a súa realización. Na medida do posible, cada estudante en prácticas poderá escoller o centro onde realizar o Practicum entre os centros que dispoñan de acordo de colaboración puntual ou convenio de prácticas.


 

Practicum 2023/2024

Xestión en liña do Practicum
A entrega de documentación e Memoria de Prácticas realizarase a través da plataforma Moovi e na área de Apoio a Centros e Departamentos

 

Documentos xenéricos

 

 

Asignación do Practicum

Listaxe provisoria
CCAFD – admitidos
CCAFD – excluidos
Educación Infantil – admitidos
Educación Infantil – excluidos
Educación Primaria – admitidos
Educación Primaria – excluidos

Listaxe definitiva
CCAFD – admitidos
CCAFD – excluidos
Educación Infantil – admitidos
Educación Infantil – excluidos
Educación Primaria – admitidos
Educación Primaria – excluidos

 

 

Coordinación do prácticum

María Begoña Paz García
+34 986 801 785
vic.ed.edu@uvigo.es