
Profesor axudante doutor
Información de contacto
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Despacho 103
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 802 055
luis.velasco.martinez@uvigo.gal
Breve CV
Licenciado en historia pola USC e máster no programa interuniversitario en historia contemporánea. Foi investigador visitante na Universidade de Buenos Aires, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Alcalá de Henares, Universidade Rey Juan Carlos, no Consello Superior de Investigacións Científicas, Columbia University, Barnard College, University College Dublin e o Colexio de México. Así mesmo foi profesor da Universidade Pablo de Olavide (Sevilla) e da Universidade de Málaga. No ámbito da xestión desempeñou diferentes postos de representación e goberno no seo da USC, mentres no ámbito privado ha traballado no sector editorial para posteriormente fundar a súa propia asesoría de xestión do coñecemento. Actualmente compaxina a docencia na Universidade de Vigo co seu cargo de coordinador do Máster en Seguridade, Paz e Conflitos Internacionais da USC e o IEEE. As súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de construción do nacionalismo español ao longo do século XX e na historia militar desde unha perspectiva social. Tamén realizou estudos sobre as redes falanxistas en América e sobre o ensino da historia.
