Paz García

Profesor/a axudante doutor/a

Área de Didáctica da Expresión Plástica
Departamento de Didácticas Especiais

Información de contacto

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Despacho de Plástica
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 735
marpaz@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Belas Artes coa especialidade en Escultura pola Universidade de Vigo (1996). Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009). Desenvolve a súa labor docente nas facultades de Belas Artes e Ciencias da Educación e do Deporte nas áreas da mediación e transmisión da educación artística e didáctica da expresión plástica e visual. Coordina o itinerario de Artes no Mestrado de Educación Secundaria da Universidade de Vigo no que imparte a materia de investigación educativa e complementos do debuxo. Formadora de formadores/as profesorado na área da expresión plástica, educación patrimonial, mellora de bibliotecas escolares e en proxectos artísticos para en patios escolares integradores. No eido sociocultural traballou como directora artística en proxectos de intervención artística e humanización en contextos sociais e educativos e sanitarios así como no ámbito da educación non formal. Como creadora o seu traballo artístico vaga polo territorio fragmentado do ser errante, da identidade como forma biográfica esvaecida. Últimas exposicións: Afinidades selectivas 10. Arte e didáctica (2019), Proxecto táctil. Probas e textura (2018), Afinidades Selectivas. Aproximacións didácticas e propostas gráficas no proceso creativo (2017).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Máster Universitario en Didácticas Específicas

P02M178V01102 | Análise de experiencias interdisciplinares

2º cuadrimestre

Grao en Educación Primaria

P02G120V01401 | Didáctica das artes plásticas e visuais

Máster Universitario en Didácticas Específicas

P02M178V01211 | Investigación e innovación en didáctica das artes visuais

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Xoves: de 9:30 a 14:30, Despacho de artes, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

 

Liñas de TFG

  • Obxectos de mediación e transferencia para o ensinao das artes en contextos socioculturais (museos, centros de arte, eventos artísticos…)
  • Álbum ilustrado como recurso didáctico
  • Modelos de intervención artística / pedagóxica en espazos da saúde

Investigación

Grupo de investigación

Equipo de Investigación en Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo

Liñas de investigación

  • Estratexias artístico – pedagóxicas en contextos socioculturais e da saúde
  • Recursos didácticos da expresión plástica e visual