Cuevas Alonso

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Lingua Española
Departamento de Lingua Española

Información de contacto

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Despacho 126
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 795
miguel.cuevas@uvigo.es

Breve CV

É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Oviedo (2001), experto profesional en estatística aplicada ás Ciencias da Saúde (UNED, 2004) e doutor pola Universidade de Vigo (2011). Na actualidade é profesor contratado doutor no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. A maior parte da súa investigación desenvolveuna no seo de diversos proxectos financiados en convocatorias competitivas nacionais e internacionais. É autor de numerosos artigos e reseñas, só ou en colaboración, en Journal of the International Phonetic Association, Archivum, Estudios de Fonética Experimental, Language Design, Hesperia, Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana, Lingüística Española Actual, Onomázein, Language in Society, Revue Roumaine de Linguistique, etc. Foi conferenciante na Universidade de Massachusetts (Amherst), na Universidade de Zúrich, na Universidade de Iasi e de Suceava (Rumanía), etc. Ten participado no Atlas Prosodique Multimédia de l’Espace Roman, no Atlas Interactivo da Entonación do Español e no Interactive Atlas of Romance Intonation.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Educación Infantil

P02G110V01101 | Comunicación: Lingua española (coordinador/a)

2º cuadrimestre

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

Investigación

Grupo de investigación

Variación da Linguaxe e Categorización Textual (LVTC)

Liñas de investigación

  • Fonética e fonoloxía do español
  • Análise do discurso
  • Historia da Lingüística