
Profesor/a asociado/a
Información de contacto
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Despacho 203
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 801 798
telmosilva@uvigo.es
Docencia
Investigación
Breve CV
Telmo Silva Alonso (Vigo, 1964) é Licenciado en Educación Física pola Universidade Politécnica de Madrid (Madrid, 1987) e Doutor en Ciencias do Deporte pola Universidade de Vigo (Vigo, 2016). Na súa tese de doutoramento investigou sobre os efectos da idade no rendemento nunha proba máxima de 2000 metros en ergómetro de remo e aplicou os GAMLSS para a construción dos percentís de rendemento nesta proba entre os 14 e 70 anos de idade e para diferentes grupos segundo sexo e peso. Desde o ano 2000 presentou comunicacións e conferencias sobre rendemento en baloncesto de alto nivel, preparación física e GAMLSS para percentís de rendemento en varias universidades españolas. Foi preparador físico da selección española de baloncesto feminina durante o ciclo olímpico 2000-2004 e membro do equipo técnico desta selección durante os Xogos Olímpicos de Atenas en 2004.
