O Traballo de Fin de Grao permite mostrar a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título de forma integrada

Presentación TFG FCCED (Pulsa na imaxe para ver a presentación do TFG)

O TFG forma parte dos planos de estudos de todo título oficial de grao. Nos graos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (en diante, FCCED) equivalen a 6 créditos ECTS no Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Deberá ser realizado de xeito persoal e autónomo polo estudantado, seguindo as orientacións do persoal titor académico.

O TFG estará orientado a que o estudantado amose a capacidade de integración de diversos contidos formativos e competencias asociadas ao título, axustándose ao contemplado en cada unha das memorias respectivas dos graos e á súa concreción nas guías docentes.

 

Traballo Fin de Grao 2025/2026

Documentos xenéricos

Xestión do TFG

Tribunais

 

Calendario de defensa do TFG

Convocatoria Data limite Depósito Defensa
Fin de carreira
(outubro 2025)
24/09/2025 09/10/2024 – 10/10/2024
Horario e tribunais
1º cuadrimestre
(febreiro 2026)
03/02/2026 20/02/2026 – 23/02/2026
Horario e tribunais
2º cuadrimestre
(xuño 2026)
03/06/2026 17/06/2026 – 18/06/2026
Horario e tribunais
2ª oportunidade
(xullo 2026)
06/07/2026 22/07/2026 – 23/07/2026
Horario e tribunais

 

Coordinación do TFG

María Lorenzo Rial
+34 986 801 735
vic.ed.edu@uvigo.es