Tanto os estudos de Grao en Educación Infantil como de Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo son produto da transformación do anterior título de Mestre nas súas diferentes especialidades (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Especialista en Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical).

O RD 822/2021 establece que para que as persoas con títulos universitarios oficiais correspondentes á anterior ordenación podan acceder aos ensinos de grao debe haber unha admisión previa da universidade, e ésta debe facerse de acordo á normativa que a este respecto teña a propia universidade, que deberá recoñecer ao estudantado os créditos dos ensinos de grao do que procedan, segundo o currículo seguido polos estudantes, de acordo co que establece o artigo 10 do RD 822/2021, que regula o recoñecemento e transferencia de créditos.

Memorias dos cursos de adaptación aos graos

 

O título de grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o estudantado deberá cursar un total de 24 créditos ECTS optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes.

 

Calendario de admisión 2022/2023

Proceso Data
Prazo de presentación de solicitudes do 1 de xuño ao 15 de xullo
Listaxe provisoria de persoas admitidas:
Ver listaxe
19 de xullo
Reclamacións do 20 ao 22 de xullo
Listaxe definitiva de persoas admitidas:
Ver listaxe
27 de xullo

Consulta todos os prazos na convocatoria de matrícula 2022/2023 da UVigo

 

Matrícula

Período ordinario de matrícula: do 26 de agosto ao 12 de setembro de 2022.

No caso de que nun curso ponte non se matriculen todas as persoas admitidas, establecerase a posibilidade de efectuar chamamentos de matrícula cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.

Documentación

Ademais da documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso, quen acadara o título noutra universidade presentará:

  • Título oficial ou certificación do pagamento dos prezos públicos de expedición do título que da acceso, para o seu cotexo
  • Certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente
Tramitación na sede