A normativa xeral da Universidade de Vigo sobre transferencia e recoñecemento de créditos pódese atopar en:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/255
Os recoñecementos de créditos fóra do especificado na táboa de adaptacións do apartado 7.2 da presente memoria e o que, no seu momento, acórdese para estudos de grao cursados noutras facultades, será estudado pola Comisión de Organización Académica e Validacións delegada da Xunta de Facultade ateníendose ao establecido no RD 822/2021 para estudos de grao.
Non se recoñecerán créditos cursados en ensinos superiores oficiais non universitarias, por créditos cursados en títulos propios nin por acreditación de experiencia laboral e profesional.
Contémplase o procedemento de recoñecementos para técnicos superiores de Formación Profesional da Xunta de Galicia:
https://www.edu.xunta.es/fp/validacions-ciclos-superiores-fp-estudos-universitarios
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou na súa sesión de 10/10/2016 o “Regulamento de recoñecemento de créditos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación”:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/310
