O título de Graduado ou Graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo, impártese nesta universidade desde o curso 2009-2010. Foi aprobado no Consello de Ministros o 30 de outubro de 2009 (BOE 05/01/2010).
Os resultados da última Enquisa de Hábitos Deportivos en España 2020 sitúan a práctica de exercicio físico e deportes na 59,6% fronte ao 53,5% do ano 2015, comparándoo co 38% no ano 2005, o crecemento foi exponencial.
En poucas décadas, a industria do deporte e da actividade física ha pasado de ser residual a achegar o 3,3% do PIB e a xerar uns 400.000 postos de traballo, cun impacto notable sobre a economía española e a xeración de emprego.

Doutra banda, a incidencia das enfermidades asociadas ao sedentarismo incrementouse nos últimos anos. As evidencias científicas indican que a práctica de exercicio físico regular minora a incidencia destas patoloxías.
O grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ten unha empregabilidade próxima ao 80%. Nun estudo de 2019, o COLEF estima que as persoas colexiadas desenvolven a súa actividade maioritariamente na docencia, seguida do exercicio físico e a saúde, así como o fitness. Outro sector importante é o da xestión deportiva, que dá emprego a unha de cada dez persoas colexiadas. A tendencia indica que un sector en crecemento é o relacionado co adestramento persoal e o exercicio físico e a saúde.

Ademais, está a incrementarse a percepción de que é imprescindible realizar exercicio físico e practicar actividades físico-deportivas para manterse san e ter unha boa calidade de vida. Isto é relevante nas persoas maiores, que en décadas anteriores proxectaban unha imaxe de poboación sedentaria, e na actualidade as políticas públicas e iniciativas privadas están encamiñadas a promocionar estilos de vida activos e saudables.

A actividade deportiva demanda profesionais cada vez máis cualificados, tanto no adestramento, como na preparación física e a readaptación.
Para atender a crecente demanda que se está producindo é necesario formar a persoas graduadas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte cun alto nivel de cualificación.
O grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte impártese en 44 universidades públicas e privadas. No caso de Galicia na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo. Nesta última, no ano 2021, o profesorado das áreas 245 e 187 (24 profesores/as) presentaban: 34 sexenios, 850 artigos WoS e 9.460 citas. Todo isto constata a cualificación do profesorado.
Por último, o título, actualmente vixente tense que adaptar á Resolución do 18 de setembro de 2018, publicada no BOE do 20 de setembro de 2018, onde se establece o marco de competencias e contidos do Título oficial de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Esta adaptación é necesaria para os procesos de verificación.