Video explicativo das probas | Os puntos de encontro do vídeo non son os correctos este ano; os correctos están máis abaixo na información xeral.
Quen desexe acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UVigo, ademáis de solicitar a admisión (preinscrición) a través dos procedementos telemáticos que estableza a CIUG, terá que realizar as probas específicas de aptitude.
Non terá que realizar esta proba:
- Quen teña superadas as probas no ano anterior á convocatoria na Universidade de Vigo.
- Recoñeceranse as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española. É dicir, poderá acceder quen superase as probas específicas de acceso en calquera facultade do sistema universitario español durante o ano natural (sempre e cando as superase antes da apertura dos prazos que establece a CiUG para a admisión as titulacións con límite de prazas). De superarse fóra de Galicia débese achegar un certificado que o acredite, entre a documentación requirida, no momento de realizar a preinscrición para a admisión ao grao.
- Quen estea acreditado como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da comunidade autónoma.
Información
Inscrición
Regulamento
Probas de aptitude 2026/2027
Consulta as listaxes no taboleiro de anuncios da UVigo
Consulte a guía informativa para horario, lugar, material, etc.
