Segundo o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nuns ensinos oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutros ensinos superiores oficiais ou en ensinos universitarios conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
A transferencia e recoñecemento de créditos nos ensinos de grao deberán respetar as seguintes regras:
- Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
- O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudantado e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.
Por outra parte, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 créditos ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudiantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar.
A normativa e formularios para este tipo de recoñecementos está dispoñible no portal institucional da UVigo.
Admisión por recoñecemento de créditos de estudos universitarios oficiais
Poderá solicitar o acceso por esta vía quen cursara estudos universitarios parciais españois ou estranxeiros ou, quen tendo rematados estes últimos, non teña a homologación por unha titulación oficial española e declare por escrito que non a solicitará.
Os prazos e procedementos publícanse coa convocatoria de matrícula. Será necesario obter como mínimo o recoñecemento de 30 créditos ECTS. No caso de haber máis solicitudes que prazas, accederán as persoas ás que máis créditos se lles recoñezan.
Recoñecementos automáticos
Ao estudantado procedente do plan de estudos anterior recoñeceránselle as seguintes materias:
Ao estudantado que cursara o Ciclo formativo de grao superior recoñeceranselle as seguientes materias:
