As mencións que se ofertan para o Grao en Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte son as seguintes:
Mención en Educación Física
| Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
|---|---|---|---|---|
| Coñecemento da contorna a través da actividade física na educación infantil | 6 | OP | 3º | 2º |
| A educación física como medio de interdisciplinaridade | 6 | OP | 3º | 2º |
| Seguridade e hábitos saudables a través da educación física | 6 | OP | 3º | 2º |
| A linguaxe corporal | 6 | OP | 4º | 1º |
| Actividade física e diversidade na educación infantil | 6 | OP | 4º | 1º |
Mención en Educación Musical
| Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
|---|---|---|---|---|
| Técnica vocal e práctica coral | 6 | OP | 3º | 2º |
| Agrupacións instrumentais para a escola | 6 | OP | 3º | 2º |
| Novas tecnoloxías para a educación musical na escola | 6 | OP | 3º | 2º |
| Música nas culturas | 6 | OP | 4º | 1º |
| Expresión corporal e danza | 6 | OP | 4º | 1º |
Mención en Afondamento Curricular
| Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
|---|---|---|---|---|
| Ética e deontoloxía profesional | 6 | OP | 3º | 2º |
| Obradoiro de creatividade artística | 6 | OP | 3º | 2º |
| Coñecemento do medio natural | 6 | OP | 3º | 2º |
| Xeografía para mestres | 6 | OP | 3º | 2º |
| Didáctica das matemáticas para a educación infantil | 6 | OB | 4º | 1º |
| Xogo na educación infantil | 6 | OP | 4º | 1º |
Para cada unha destas mencións ofertanse un total de 5 materias (a excepción da mención de afondamento curricular, na cal se ofertan 6 materias).
O estudantado deberá cursar, polo menos, un total de 4 materias (24 créditos ECTS), para a obtención da correspondente mención. Así mesmo, 6 créditos ECTS da materia “Prácticum” (prácticas curriculares externas) deberán estar orientados á práctica profesional da mención que corresponda.
En todo caso, o estudantado poderá escoller 24 créditos ECTS de materias optativas de diferentes mencións, podendo igualmente obter o título de Grao en Educación Infantil, pero neste caso, sen mención.
A materia “Didáctica da relixión católica” non está asignada a ningunha das mencións de especialización curricular.
