As mencións que se ofertan para o Grao en Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte son as seguintes:
Mención en Educación Física
Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
---|---|---|---|---|
Coñecemento da contorna a través da actividade física na escola | 6 | OP | 3º | 2º |
A educación física como medio de interdisciplinaridade | 6 | OP | 3º | 2º |
Seguridade e hábitos saudables a través da educación física | 6 | OP | 3º | 2º |
A linguaxe corporal | 6 | OP | 4º | 1º |
Actividade física e diversidade na escola | 6 | OP | 4º | 1º |
Mención en Educación Musical
Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
---|---|---|---|---|
Técnica vocal e práctica coral | 6 | OP | 3º | 2º |
Agrupacións instrumentais para a escola | 6 | OP | 3º | 2º |
Novas tecnoloxías para a educación musical na escola | 6 | OP | 3º | 2º |
Música nas culturas | 6 | OP | 4º | 1º |
Expresión corporal e danza | 6 | OP | 4º | 1º |
Mención en Afondamento Curricular
Materia | ECTS | Tipo | Curso | Cuad. |
---|---|---|---|---|
Ética e deontoloxía profesional | 6 | OP | 3º | 2º |
Educación ambiental para o desenvolvemento | 6 | OP | 3º | 2º |
Educación artística | 6 | OP | 3º | 2º |
Literatura infantil e xuvenil | 6 | OB | 4º | 1º |
Recursos para o ensino das matemáticas | 6 | OP | 4º | 1º |
Para cada unha destas mencións ofertanse un total de 5 materias.
O estudantado deberá cursar, polo menos, un total de 4 materias (24 créditos ECTS), para a obtención da correspondente mención. Así mesmo, 6 créditos ECTS da materia “Prácticum” (prácticas curriculares externas) deberán estar orientados á práctica profesional da mención que corresponda.
En todo caso, o estudantado poderá escoller 24 créditos ECTS de materias optativas de diferentes mencións, podendo igualmente obter o título de Grao en Educación Primaria, pero neste caso, sen mención.
A materia “Introdución ao feito relixioso e ao cristián” non está asignada a ningunha das mencións de especialización curricular.