Este máster está directamente dirixido ao profesorado de educación infantil e primaria, así como a profesionais vinculados á educación que estean interesados en recibir unha formación especializada na innovación no ensino de áreas curriculares específicas, contemplando o seu carácter interdisciplinar.
O máster ademais atende á formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira) e permite a iniciación na investigación nas áreas citadas, abrindo as portas á realización de investigacións posteriores (teses de doutoramento).
Información de interese
- Prazas: 20 na UVigo
- Tipo de ensino: presencial
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 60 créditos ECTS
Coordinación na UVigo
Uxío Pérez Rodríguez
+34 986 801 737
dides@uvigo.es
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
986 801 693
xnposgraopo@uvigo.es