O Mestrado interuniversitario en ciencia do exercicio, preparación física e readaptación deportiva está organizado pola Universidade de Vigo e pola Universidade da Coruña. Propón unha formación de especialización profesional dirixida a tituladas e titulados universitarios no ámbito de coñecemento da actividade física e das ciencias do deporte que desexen dedicarse á preparación física, ao adestramento persoal e á readaptación física de persoas.
Información de interese
- Prazas: 12 na Uvigo e 12 na UDC
- Tipo de ensino: presencial
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 60 créditos ECTS
Listas de persoas admitidas, en espera e excluídas
Coordinación
María de los Ángeles Fernández Villarino
+34 986 801 716
marianfv@uvigo.es
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
+34 986 801 693
xnposgraopo@uvigo.es
